Grupo

Rebuldaina

Rebuldaina é o grupo de Cantos de Taberna do Centro Galego. Este grupo naceu no ano 2018 da mao de M Carmen Prado. O xermen deste grupo comezou cos aprendices de pandeireta aos que ensinaba José Sanchez Regueiro, que comezaron a ensair cancions tradicionais e chegaron a participar na XII edición da Foliada de Melide no ano 2016. Tempo despois M Carmen xuntou a parte dos primeiros compoñentes dos Cantos de Taberna con novas voces e comezaron a ensaiar os venres pola tarde no salón de actos da sociedade.
A primeira actuación oficial do grupo baixo o nombre «Rebuldaina» foi o 16 de novembro do 2019 no Magosto que celebrou a sociedade ese ano. Dende esa data participan nas distintas actividades que se organizan no Centro coma Letras Galegas e Festas de Santiago, nas Festas do Carme do Concello de Barakaldo e nos programas festivos dos distintos barrios de Barakaldo. Cabe destacar a súa participación no Concurso de Cantos de Taberna na XVI edición da Foliada de Melide en abril de 2023.

Actualmente o grupo esta dirixido por M Carmén Prado e Roberto Becerra e composto por 16 voces e 4 músicos:

1. Roberto Becerra
2. Jaime Otero
3. Manuel Maroño
4. Fernando Ruiz
5. Enrique López
6. Dorinda Sueiro
7. Daniel Lodeiro
8. Jose Antonio Mouronte
9. Mª Carmen Prado
10. Isolina Morandeira
11. Josefa López
12. Martina Blanco
13. Mª Carmen Enjamio
14. Edita Castiñeira
15. Eva Mª Fernández
16. Agustin Reboredo 
17. Beningo Ramos

Scroll al inicio