Grupo
O Noso Lar
O Noso Lar é o coro do Centro Galego, a súa presentación oficial foi nos locaís da sociedade o 25 de Xullo de 1991. Este grupo xurdió da xuntanza de dous matrimonios ferroláns Lola Losada e Valentin Serrano e Fina Caneda e Juan Muruaga. Que seguindo a tradición vasca xuntábanse as fins de semana e ían de txikiteo polos bares entoando os “Cantos de Taberna” tan típicos de Galicia. Pouco a pouco foron sumándose mais persoas e decidiron formar un grupo coral polo que falaron coa directiva do Centro Galego para poder usar as instalacións do mesmo como local de ensaio. Bautizaron o coro como “O Noso Lar” e baixo a dirección Lola Losada e a axuda de Fina Caneda xunto cuns vinte socios comezaron a dar os primeiros pasos coma coral.
No ano 1992 iniciaron as saídas fora do centro, a distintos centros rexionais de Barakaldo e demais concellos da marxe esquerda. Tempo despois, un dos coralistas, José Sánchez Reguerio, comezou a dirixir o coro. Nesta etapa introducironse os instrumentos tradicionais galegos, coma a gaita e o tambor. E pasaron a ensaiar cancións mais complexas, de dúas a tres voces. Posteriormente o coro pasou a estar dirixido por directois profesionais.
O 18 de novembro de 2017, O Noso Lar, celebrou o 25 aniversario na Casa de Cultura de Cruces, no que participaron a “Asociación Coral Juan de Lanuza” de Zaragoza e a “Coral Maitia” de Santurtzi.
Actualmente o coro esta composto por 23 compoñentes e a sua directora, Miren de Diego Cortazar. Dende os seus comezos, o coro participou en numerosas actuacións, na sociedade actua nas Letras Galegas, Festas de Santiago, Dia dos Maiores, entre outras. Tamen celebra dende o ano 2019 durante o mes de Novembro o Recital Coral de Outono co motivo do dia de Santa Cecilia. No Recital Coral que actualmente vai pola III edición, participan un coro galego, un de Barakaldo e outro representativo dun folclore distinto do vasco e o galego. Fora do centro participa nas semanas culturais da Federación asi coma nas de distintos centros rexionais e outras asociacións. Entre as actuacións realizadas cabe destacar a participación no programa Luar da Televisión Galega, Radio Bilbao e Radio Nervión, a actuación no Circulo de Bellas Artes de Lugo e no Mosteiro de Sobrado Dos Monxes. Tamén colaborou no ano 2013 na grabación do disco “Galiza” de Kepa Junkera na canción “o Galo”.
Os compoñentes actuais de “O Noso Lar” son:
1. Agustín Álvarez
2. Benito Rodríguez
3. Daniel Lodeiro
4. Dorinda Sueiro
5. Edita Castiñeira
6. Elena Iglesias
7. Enrique López
8. Eva Mª Fernandez
9. Evangelina Zas
10. Herminia Araujo
11. Isolina Morandeira
12. José García
13. José Antonio Mouronte
14. José Antonio Perez
15. Josefina López
16. Juan José Llorente
17. Manuel Maroño
18. Maria González
19. Martina Blanco
20. Mª Carmen Enjamio
21. Mª Jose Simil
22. Mercedes Fernández
23. Jaime Otero